martes, 18 de novembro de 2014

RÚBRICA AVALIACIÓN GALEGO

Ola!
Velaquí a rúbrica coa que ides ser avaliados, avaliadas, nesta primeira fase. Ánimo!


DESCRICIÓN
Non dei feito.
Dei feito con axuda. 
Fíxeno bastante ben

Fíxeno moi ben!
Recoñeces as diferenzas entre os textos literarios e non literarios.
Non as recoñezo
Recoñézoas pero non sei as súas características.
Recoñézoas e sei as súas características.
Recoñézoas, sei as características e xustifico a resposta con exemplos concretos do texto.
Transformas un texto literario noutro non literario (e viceversa), atendendo a todas as características de cada estilo.
Non sei
Sei transformalo parcialmente porque non elimino todas as característica do texto orixinal.
Sei transformalo.
Sei transformalo e mesmo enriquezo o texto con material propio.
Recoñeces as diferenzas entre o relato, a noticia e mais a banda deseñada.
Non as recoñezo.
Recoñezo as diferenzas pero non sei explicalas.
Recoñezo algunas das diferenzas.
Sei as diferenzas, e xustifico a miña resposta con exemplos concretos.
Sabes recoñecer os elementos dos textos narrativos.
Non os sei.
Sei a teoría, pero non a aplico.
Sei a teoría e localizo case todos os elementos.
Sei a teoría, localizo todos os elementos e xustifico a resposta con palabras propias.
Recoñeces a voz narradora dun texto narrativo.
Non sei.
Sei a teoría, pero non a dou aplicado.
Sei a teoría e atopo algún elemento.
Sei a teoría e atopo todos os elementos.
Recoñeces as partes dun texto narrativo.
Non sei.
Sei a teoría, pero non a dou aplicado.
Divido o texto axeitadamente.
Divido o texto axeitadamente e xustifico coidando a expresión escrita.
Recoñeces as personaxes principais e secundarias dun texto.
Non sei.
Sei recoñecer as personaxes.
Sei recoñecer edividir en principais e secundarias.
Sei recoñecelas e xustifico con exemplos concretos.
Sabes describir o espazo no que se desenvolve a historia.
Non sei.
Sei cal é o espazo mais non o describo axeitadamente.
Sei cal é o espazo e o describo.
Sei cal é o espazo e o describo con corrección.
Sabes determinar o tema dun texto.
Non sei.
Con axuda, acabo dando con el.
Sei cal é.
Sei cal é e exprésoo correctamente.
Sabes elaborar o resumo dun texto.

Non sei.
Con axuda acabo distinguindo as ideas principais das secundarias.
Sei resumir sen incluír ideas secundarias.
Sei resumir e a expersión escrita é axeitada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario