A rúbrica que vos aparece para avaliar o traballo de CC.SS está dividida en tres partes: forma, exposición e contidos. Fixádevos ben porque tedes que combinar estes tres elementos para que a voso produto final vos saia xenial.
Tede en conta tamén que valorarei o voso traballo cun 20% do cal o 75% corresponderá ao que vos aparece nesta rúbrica e o 25% restante corresponderá á autoavaliación (avaliación dun mesmo, traballo, actitude) e coavaliación (valoración dos compañeiros-ras do grupo cooperativo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario