mércores, 3 de decembro de 2014

NORMAS DE PUBLICACIÓN E TRABALLO

Bo día!
Velaquí deixámosvos algunhas normas que teredes que cumprir na publicación das vosas entradas:
  1. Todas as entradas deben estar etiquetadas. 
  2. Todas as entradas deben levar un título "suxestivo" e unha presentación de tal maneira que, de subirdes un documento en calquera formato, saibamos con que nos imos atopar. 
  3. A ÚNICA lingua oficial do noso proxecto é a galega. 
Por outro lado, recordade que, ao rematardes cada sesión do proxecto debedes encher o "Diario de sesións" (que titularedes "Diario de sesións 3-12-14, por exemplo) de maneira consensuada e explicando claramente se todo o mundo cumpriu coa súa encomenda. Estas entradas etiquétanse como CADERNO DE EQUIPO.

Apertas e feliz...xogo/traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario