mércores, 4 de febreiro de 2015

REDACCIÓN DAS NORMAS DO XOGO



O TEXTO INSTRUTIVO
1.- Elaborade, a partir das páxinas 28 e 29 do libro, un listado coas características dos textos instrutivos.  

2.- Completade a vosa lista coa información que atoparedes nesta ligazón:

3.- A partir do que aprendestes na actividade anterior, localizade na rede dous exemplos diferentes de textos instrutivos en formato de vídeo, reparando en que todos eles cumpran coas características que indicastes no exercicio nº 1.

4.-  Localizade agora na rede un texto instrutivo que teña que ver cun xogo (de calquera tipo).

5.- Agora xa estades preparados e preparadas para redactardes as instrucións dos vosos xogos! Atención! Non poderán superar as 15. 
 

6.- Entrada no blog:
- Título: normas do xogo.
- Etiquetas: galego ou lingua galega.



ESTE TRABALLO DEBERÁ DESENVOLVERSE EN DÚAS SESIÓNS: 
- 11 DE FEBREIRO
- 25 DE FEBREIRO 

AVALIAMOS



COMPETENCIA LINGÜÍSTICA

Actividade nº 5: Redacción das normas do xogo.
INDICADOR
Non o fixo ao xeito
Fíxoo parcialmente
Fíxoo bastante ben
Fíxoo moi ben





As instrucións transmítense ordenadamente
Non seguen unha orde lóxica
Preténdese unha orde lóxica pero cométense máis de catro erros
En xeral, a orde é lóxica aínda que se atopan un ou dous erros
As instrucións transmítense ordenadamente
As instrucións son facilmente comprensibles
Non se entenden
Enténdense parcialmente
Enténdense bastante ben
Enténdense moi ben grazas á súa claridade e sinxeleza
O texto está ben puntuado
O texto non está ben puntuado
Presenta máis de cinco erros de puntuación
Presenta entre un e cinco erros de puntuación
Non presenta erros de puntuación
As formas verbais empréganse correctamente
Non se empregan correctamente
O texto presenta máis de catro erros de emprego verbal
O texto presenta ata tres erros de emprego verbal
O texto non presenta erros verbais
Emprégase conectores que facilitan a comprensión
Non se empregan conectores
Empréganse sen sentido
Empréganse, mais se repiten ou hai ata tres erros
Empréganse axeitada e variadamente




COMPETENCIA MATEMÁTICA
Actividades 1, 3 e 4: Localizar na rede diferentes tipos de textos instrutivos.
DESCRITOR
Non o fixen
Fíxeno parcialmente
Fíxeno bastante ben
Fíxeno moi ben





Deduce as características dos textos instrutivos
Non as deduciu
Quedou nas características máis sinxelas
Atopou case todas as características
Atopou as características todas en cadanseus exemplos



COMPETENCIA DE INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA
Actividade nº 1: localización de exemplos.
DESCRITOR
Non o fixen
Fíxeno parcialmente
Fíxeno bastante ben
Fíxeno moi ben





Localiza e sintetiza a información relevante
Non o fai
Non é quen de distinguir a información principal e secundaria
Sintetiza con palabras alleas
Sintetiza con palabras propias




COMPETENCIA DIXITAL E DE TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
Actividades nº3, 4 e 6: localización de exemplos e creación da entrada no blog.
DESCRITOR
Non o fixen
Fíxeno parcialmente
Fíxeno bastante ben
Fíxeno moi ben





Emprega as TIC axeitadamente
Non o fai
Emprega algunhas ferramentas básicas
Emprega ferramentas coñecidas con soltura
Emprega as ferramentas coñecidas e outras avanzadas


COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
-      Diarios de sesións.
-      Coavaliacións.
-      Autoavaliacións.
DESCRITOR
Non o fixen
Fíxeno parcialmente
Fíxeno bastante ben
Fíxeno moi ben
Realiza responsablemente as súas tarefas
Non as realiza
Realízaas baixo supervisión constante
Realízaas autonomamente
Realízaas autonomamente e explora novas respostas



COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA
COMPETENCIA DA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL
-      Actividade nº 6: entrada no blog.
DESCRITOR
Non o fixen
Fíxeno parcialmente
Fíxeno bastante ben
Fíxeno moi ben
Crea obras artísticas propias
Non as crea
Copia obras alleas
Crea baseándose noutras
Crea obras orixinais




COMPETENCIA DE APRENDER A APRENDER
-      Actividade nº 7: entrada no blog.
-      Autoavaliación.  
DESCRITOR
Non o fixen
Fíxeno parcialmente
Fíxeno bastante ben
Fíxeno moi ben





Avalía a súa aprendizaxe e actitude cara ao estudo
Non a avalía
Avalíaa subxectivamente
Avalíaa obxectivamente
Avalíase e critícase construtivamente

Ningún comentario:

Publicar un comentario