Aínda que ata agora non aparecía explícitamente reflictido nas rúbricas pensamos que é importante lembrar un par de cousas respecto á avaliación.
Estes días faremos a autoavaliación e a coavaliación que como sabedes vale un 25% da nota do proxecto. Nembragantes compre ter en conta o seguinte:
1.-Na autoavaliación e coavaliación debedes explicitar como distribuistes o traballo no grupo (o que debía facer cada quen) e finalmente que parte de traballo fixestes cada un. Esto debedes facelo de mutuo acordo e asinado por todos os membros do equipo. Si non vos poñedes dacordo debedes acudir ao profesor para tratar de buscar unha solución.
2.- Si hai diferenzas significativas entre o que debía facer un membro do grupo e o que fixo, recibirá unha cualificación do proxecto inferior á dos sus compañeiros podendo incluso ser esta dun cero si se confirma que non aportou nada ao traballo.
3.- Si nun equipo algún membro non cumpriu coas súas tarefas, o profesorado tratará que a cualificación dos compañeiros que sí fixeron a súa parte non se vexa prexudicada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario